Autofarm, MD.USE INNOVATIVE SOLUTIONS e Setpay, startups gañadoras da II edición de Galicia Open Future

Thursday, April 7, 2016 - 10:15
  • Galicia Open Future é unha iniciativa de Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia.
  • As tres startups gañadoras recibirán como premio unha axuda de 25.000 euros por parte da Xunta de Galicia coa que poderán continuar desenvolvendo as súas ideas e poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia.

 

A segunda edición de Galicia Open Future xa ten as súas tres startups gañadoras. O xurado formado pola Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a aceleradora de startups de Telefónica Wayra, seleccionou a Autofarm, MD.USE INNOVATIVE SOLUTIONS e Setpay como gañadores.

As tres iniciativas recibirán como premio unha axuda de 25.000 euros por parte da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, coa que poderán continuar desenvolvendo as súas ideas. Ademáis da axuda económica, as tres startups poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia de outros 25.000 euros.

Proxectos gañadores

AUTOFARM (Ourense)

Autofarm, formado por Jorge D. Cobas, Ignacio Boubeta, e Daniel Reboredo, nace co obxectivo de simplificar a monitorización e xestión de explotacións gandeiras, aunando un sistema de fácil manexo e comprensión coa posibilidade de obter a tempo real grandes cantidades de datos desde calquera punto que se desexe monitorizar. Isto facilita a toma de decisións para obter resultados óptimos de produción e coñecer ao instante calquera anomalía que se poida producir mediante un sistema de alarmas completamente configurable.

MD.USE INNOVATIVE SOLUTIONS (Santiago de Compostela)

Rebeca García, Ángel Piñeiro, Tomás de la Calzada, Roberto Rosende, Carlos Piñeiro, Edgar Mixcoha forman MD.USE INNOVATIVE SOLUTIONS, unha spin-off que desenvolve software científico de modelado molecular para simular e predecir resultados de experimentos en laboratorios, aforrando tempo e diñeiro a investigadores de múltiples sectores. Incorporando tecnoloxías de última xeración aos seus produtos, como a Realidade Virtual, na actualidade, conta cunha nova liña de negocio complementaria e enfocada ao desenvolvemento de apps educativas para química. MD.Use está formada por investigadores en simulación computacional, programadores, desenvolvedores de aplicacións en Realidade Virtual e expertos en xestión empresarial.

SETPAY (Santiago de Compostela)

O obxectivo de SetPay, como proxecto dirixido ao desenvolvemento de medios de pago, é ofrecer un TPV móbil, é dicir, que permita aceptar pagos con tarxeta en calquera momento e lugar. Recentemente, e tras estos meses de aceleración, David Pombar, Xoan Gonzalez, e Xavier Martinez, os creadores e responsables deste proxecto, deseñaron e lanzaron o segundo produto, unha pasarela de pagos online que mantén a mesma filosofía

 

Category: