Apoios para traballadores acollidos a ERTES

Tuesday, April 28, 2020 - 11:45

A Xunta de Galicia ten activa unha liña de apoio económica para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un Expediente de Regulación de Emprego (ERTE) autorizado, e que non cobrase as prestacións por desemprego do Goberno central, poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun límite mensual de 750 euros.

O convenio, establecido coas entidades financeiras, permitirá aos/as empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.

Este adianto está libre de intereses e comisións.

Para obter máis información: https://ceei.xunta.gal/coronavirus/emprego

 

Category: