Comunicado - COVID-19

Dentro do conxunto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social provocado polo COVID-19 e a declaración do estado de alarma, e mantendo o compromiso de apoio financeiro ofrecido por Xesgalicia, puxemos en marcha unha serie de iniciativas de apoio:

  1. Aprobación dunha condonación no pago de intereses e unha moratoria no pago do principal nas cotas liquidables o 31 de marzo de 2020, baixo determinadas condicións e destinado a aquelas empresas financiadas impactadas polo actual contexto. Ler nova
  2. Ampliación da medida anterior, estendéndoa á cota liquidable o 30 de xuño de 2020, de modo que as empresas que cumpran as condicións estipuladas póidanse beneficiar da condonación no pago de intereses e da moratoria no pago do principal durante todo o primeiro semestre do ano Ler nova
  3. Nova liña de investimento, dotada con 10 millóns de euros, para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual ( EPIs) e materiais para  respiradores. Ler nova 

Este conxunto de iniciativas súmanse ás postas en marcha pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dirixidas ao noso tecido empresarial e que podes atopar na seguinte dirección: https://ceei.xunta.gal/coronavirus

 

Páxinas