Dentro do conxunto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social provocado polo COVID-19 e a declaración do estado de alarma, e mantendo o compromiso de apoio financeiro ofrecido por Xesgalicia, trasladamos a seguinte medida de carácter extraordinario: aprobación dunha condonación no pago de intereses e unha moratoria no pago do principal baixo determinadas condicións e destinado a aquelas empresas financiadas impactadas polo actual contexto.
Aos efectos dun mellor entendemento da medida elaborouse o documento de preguntas e respostas frecuentes seguinte:
Dende o día 24 de marzo e ata o 3 de abril de 2020 (ambos inclusive) aquelas empresas financiadas que desexen optar á condonación e/ou á moratoria deberán axuntar debidamente cumplimentada a Declaración Responsable seguinte: