Xesgalicia, conforme á lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, pon en coñecemento dos usuarios da páxina web http://www.xesgalicia.org (en diante, a Páxina) a Política de Privacidade e Protección de Datos que aplicará no tratamento dos datos persoais que o Usuario facilite voluntariamente ao acceder á súa web.
O Usuario, ao proporcionarlle a Xesgalicia os seus datos de carácter persoal a través dos formularios electrónicos da Web, apartado de contacto, presentación de proxectos e Suxestións e queixas e, no seu caso, a través da marcación da correspondente marca de aceptación/enviar, consinte expresamente que Xesgalicia poida tratar eses datos nos termos desta cláusula de Política de Privacidade e Protección de Datos e para os fins aquí expresados.
Xesgalicia pon en coñecemento dos usuarios da Páxina, que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveran. Serán suprimidos cando deixaran de ser necesarios ou pertinentes para a devandita finalidade ou cando o solicite o titular no exercicio do seu dereito de supresión.
Xesgalicia manifesta o seu compromiso de cumprir coa lexislación vixente en cada momento en materia de protección de datos.
Os datos persoais facilitados serán tratados por Xesgalicia e usaranse de acordo coa seguinte información.
Que datos de carácter persoal recollemos e para que os usamos?
Datos recollidos de xeito directo: nome, apelidos e enderezo electrónico.
Datos recollidos de xeito indirecto mediante o uso de cookies: para estatísticas, para analizar o uso que se realiza da nosa Páxina e facilitar servizos de valor engadido como o mapa da localización das nosas oficinas.
Na táboa que lle amosamos a continuación encontrará información máis detallada sobre o tratamento dos seus datos de carácter persoal, incluíndose os seguintes epígrafes:
Finalidades principais: Identifícase con que finalidade precisamos recoller os seus datos, é dicir, porqué tratamos a súa información.
Lexitimación: Detállase o motivo que nos habilita para poder tratar os seus datos.
Prazos de conservación: Identifícase o prazo concreto de conservación ou os criterios que determinan dito periodo.
Destinatarios: Identificamos, no seu caso, con quen compartiremos os seus datos de forma lexítima.
Dereitos dos interesados: Informámoslle sobre os dereitos que lle asisten como interesado no tratamento dos seus datos de carácter persoal.
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL |
|
Responsable do tratamento |
XesGalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. NIF: A15674203 Enderezo: Rúa Ourense, 6, 15701 - Santiago de Compostela Contacto DPD: dpd@xesgalicia.org |
Finalidades |
§ Formulario Contacto e atendémolo/a: atender a solicitude de información demandada a través do formulario de contacto. § Formulario Presenta o teu Proxecto: atender solicitudes presentadas no formulario sobre a proposta de inversión. § Formulario Suxestións e Queixas: atender a súas iniciativas, suxestións ou queixas en relación cos servizos de XesGalicia. § Cookies: manter as preferencias de configuración de cookies do usuario; estatísticas e mercadotecnia: para analizar o uso que se fai da nosa Páxina e utilizar sistemas anti-spam (captcha). |
Lexitimación e conservación |
A base para o tratamento dos datos é o consentimento prestado polo usuario ao cumprimentar o formulario/marcar a/s marca/s de aceptación/”enviar”. |
Os campos do formulario de contacto marcados cun asterisco (*) teñen a consideración de campos necesarios para xestionar o obxecto deste. De non facilitalos, non será posible atender a súa solicitude. Consulte a nosa Política de cookies para obter información sobre as cookies necesarias para o funcionamento da web. |
|
§ Os datos conservaranse durante o tempo preciso para atender a súa consulta e non se solicite a súa supresión e sempre que non se solicite a súa supresión ou se retire o consentimento para o tratamento dos seus datos persoais. § Consulte a nosa Política de Cookies para identificar a vixencia de cada cookie. |
|
Destinatarios de cesións e transferencias internacionais |
§ Para xestionar os seus envíos ou consultas, está previsto comunicar os seus datos a organismos e autoridades de control rexionais ou locais (OMIC e similares). § Así mesmo, no caso de que teñamos que cumprir coas nosas obrigas legais, os seus datos poderán ser comunicados ás Autoridades Públicas competentes. § Responsable dos servizos de análise web: a páxina habilitou os servizos de Google Analytics proporcionados por Google LLC, unha entidade situada nos EE. UU. e adherida á Decisión de adecuación da Comisión do 10 de xullo de 2023, Marco de privacidade de datos UE-USA, que permite o fluxo de datos dos cidadáns europeos a EE.UU. A interacción cos usuarios mediante o uso desta ferramenta implica o uso de datos analíticos e técnicos en relación coa Páxina, sempre que aceptase a súa habilitación a través do panel de configuración. |
Dereitos dos interesados |
Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e a limitación ou oposición dirixíndose por escrito ás direccións anteriormente indicadas. |
Os interesados teñen dereito a retirar o consentimento prestado. A retirada do consentimento non afectará á lexitimidade dos tratamentos realizados con anterioridade á súa retirada. |
|
Os interesados teñen dereito a reclamar ante a Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos: www.aepd.es). |
Adóptanse as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.
A Páxina conta co Certificado SSL (Secure Socket Layer) co fin de garantir a seguridade na transmisión de datos entre o seu navegador e a nosa Páxina.
O servidor seguro establece unha conexión para que a información se transmita de forma encriptada, o que garante que só sexa intelixible para o dispositivo do usuario e o da Páxina. Deste xeito, o uso do protocolo SSL garante:
Que o usuario estea comunicando os seus datos ao centro servidor da Páxina e non a ningún outro.
Que entre o usuario e a Páxina os datos se transmitan encriptados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por parte de terceiros.
Para verificar que está nun ambiente seguro, pode:
Comprobar que o enderezo da páxina comeza por https://
Comprobar que na barra de enderezos do seu navegador aparece unha icona de bloqueo
Comprobar a presenza do certificado SSL comprobando as propiedades da Páxina no seu navegador, para o que debe consultar as súas características
O Usuario será o único responsable da veracidade dos datos facilitados a Xesgalicia.
Calquera cambio que se realice na Política de Privacidade e nas prácticas de xestión da información reflectirase de forma oportuna, podendo Xesgalicia engadir, modificar ou eliminar a dita política de privacidade cando o considere necesario.
En ningún caso Xesgalicia modificará as políticas ou prácticas para facelas menos eficaces na protección dos datos persoais dos nosos Usuarios previamente almacenados, sen o consentimento previo dos Usuarios afectados.