A Xunta destaca a aposta da empresa santiaguesa Teimas Desenvolvemento pola innovación no ámbito da reciclaxe

Tuesday, September 20, 2016 - 12:30
  • O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo unha reunión de traballo con directivos da compañía, que xestiona o 1,6 millóns de toneladas de residuos
  • É a única empresa en España especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras para a xestión de residuos 

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo esta mañá un encontro en Santiago de Compostela cos directivos de Teimas Desenvolvemento, empresa da que destacou a súa especialización e capacidade tecnolóxica no sector da reciclaxe.

Cividanes salientou que a compañía santiaguesa xestiona os residuos de máis de 150 clientes industriais de todo o territorio nacional coa súa ferramenta Teixo, unha plataforma cloud para a xestión integral de empresas produtoras, xestoras e transportistas. No 2015, xestionou 1,6 millóns de toneladas de residuos perigosos, o que representa o 30% do total dos residuos perigosos trasladados en España, e proporcionou servicio a 36.600 produtores de residuos para o que empregou 1.600 transportistas. Esta ferramenta tamén permitiu xerar mais dun millón de documentos medioambientais e realizar a súa tramitación electrónica coa administración correspondente.

Tras o encontro cos fundadores, Cividanes destacou o compromiso da compañía por promover accións responsables co medio ambiente con varias iniciativas, entre as que destacou o proxecto Tropa Verde, unha iniciativa social na que participan máis de 2.000 cidadáns de Santiago de Compostela e 100 establecementos do comercio local.

Constituída no ano 2008, Teimas Desenvolvemento, na que colabora Xesgalicia, emprega a 11 traballadores. Aínda que a maioría dos seus clientes atópanse en España, tamén conta con presenza en países como Andorra e Chile.

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo unha reunión de traballo cos directivos da empresa Teimas Desenvolvemento
Category: