A Xunta salienta o coñecemento e a innovación como claves para asegurar a competitividade dos novos proxectos empresariais

Thursday, May 18, 2017 - 10:30
  • O director do Igape, Juan Cividanes, destaca a formación e a cohesión de equipos multidisciplinares como outra das bases sólidas nas que deben asentarse os novos proxectos
  • Subliña que a Consellería de Economía, Emprego e Industria dispón dunha completa batería de servizos e instrumentos de apoio adecuados ás necesidades dos emprendedores
  • Destaca o programa Galicia Emprende, dotado con 5 millóns de euros, como un dos instrumentos preparados para apoiar a creación de novas empresas ou o desenvolvemento de empresas de recente creación

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou na entrega de premios correspondentes á cuarta edición do programa Argos o coñecemento e a innovación como dúas bases sólidas para asegurar a competitividade dos novos proxectos empresariais. Cividanes destacou igualmente a formación e cohesión de equipos multidisciplinares que promove o programa organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e Uninova como outra das claves nas que deben basearse os proxectos e as novas empresas.

O director do Igape subliñou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria dispón dunha completa batería de servizos e instrumentos de apoio para atender as necesidades dos emprendedores, sexa cal sexa a fase de desenvolvemento dos proxectos ou das súas empresas. Salientou, neste sentido, o programa Galicia Emprende, dotado con 5 millóns de euros, como un dos instrumentos preparados para apoiar actualmente a creación de novas empresas ou o desenvolvemento de compañías de recente creación. Este programa regula apoios de ata 175.000 euros para a posta en marcha ou a consolidación temperá de empresas impulsadas por autónomos e emprendedores, facilitando así a xeración de emprego.

As solicitudes ao abeiro da primeira convocatoria do programa Galicia Emprende poden presentarse ata o próximo 20 de xuño, e irá seguida doutras dúas convocatorias que se abrirán o 30 de xuño e o 10 de outubro, respectivamente. Este ano, a Xunta prevé apoiar deste xeito máis de 200 proxectos empresariais.

Cividanes lembrou que a Xunta, a través de Xesgalicia, dispón tamén de fondos de capital risco como o GIE ou o i2C preparados para apoiar especialmente os proxectos innovadores dos novos emprendedores. Tamén se referiu a Rede Galega de Mentores como instrumento importante para que os emprendedores poidan consolidar os seus proxectos contando coa experiencia altruísta de xestores expertos.

 

Premios Programa Argos

Esta mañá entregáronse no paraninfo da Universidade de Santiago os premios correspondentes á cuarta edición do programa Argos, impulsando pola USC e Uninova, co apoio da Xunta, para promover a creación de equipos emprendedores aos que se acompaña e apoia durante o proceso de definición de ideas de negocio, avaliando as súas posibilidades de converterse en empresas innovadoras.

O premio Argos Spin, para proxectos xurdidos de investigacións desenvolvidas na USC, correspondeu nesta edición a iCODA, cun accésit para i.MICRO. O premio Argos Enxeño, para proxectos empresariais baseados nas ideas dos participantes no programa, foi para o proxecto Apicul

Category: