- Iníciase o proceso selectivo para a cobertura con carácter indefinido de 4 prazas en XESGALICIA, polo sistema de acceso libre.
Con data 17 de novembro de 2022, o Consello de la Xunta de Galicia aprobou unha oferta pública de emprego de acceso libre, na cal se incluían 9 prazas para Xesgalicia. Devandito acordo foi publicado posteriormente no DOG número 238, do 16 de decembro de 2022.
Neste sentido, mediante DOG do 3 de marzo de 2023, dáse inicio ao proceso selectivo para a cobertura con carácter indefinido das seguintes 4 primeiras prazas en XESGALICIA, polo sistema de acceso libre:
Código |
Posto |
Grupo // Categoría profesional segundo convenio Xesgalicia |
Formación mínima esixida |
Nº DE PRAZAS |
XESG_01 |
Controller financeiro e de Control |
Grupo 1 // Titulados superiores |
Grao en CC. económicas, empresariais ou dirección e administración de empresas, ou titulación equivalente |
1 |
XESG_02 |
Analista de Investimentos e Seguimento de start-ups |
Grupo 1 // Titulados superiores |
Grao en CC. económicas, empresariais ou dirección e administración de empresas, ou titulación equivalente |
1 |
XESG_03 |
Analista de Investimentos e Seguimento de Carteira |
Grupo 1 // Titulados superiores |
Grao en CC. económicas, empresariais ou dirección e administración de empresas, ou titulación equivalente |
1 |
XESG_04 |
Técnico/a de Contabilidade, Fiscal e Administración |
Grupo 3 // Técnicos non titulados |
Ciclo Formativo de Grao Superior en Administración e Finanzas, titulación equivalente ou superior. |
1 |
Os aspirantes aos que lles sexan adxudicadas as prazas serán contratados en réxime de persoal laboral fixo.
O procedemento de selección será o concurso-oposición, coas probas, exercicios, entrevista, sistemas de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican na convocatoria, a cal se publicará no taboleiro de anuncios de Xesgalicia e na páxina web de Xesgalicia, na sección habilitada para o efecto .
A resolucións do tribunal de selección faranse públicas na sede de Xesgalicia e na sección antes indicada da súa páxina web.