Activada unha liña de financiamiento para producir material de protección ante o coronavirus

xoves, 26 Marzo, 2020 - 16:00

Xesgalicia ven de poñer en marcha unha liña de financiamento de 10 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual (EPIs) e materiais para respiradores.

Tras a declaración de estado de alarma e de emerxencia sanitaria, a rápida progresión da pandemia a nivel mundial está a supor a ausencia de equipos de protección individual, os coñecidos como EPIs, e doutros materiais como máscaras, batas ou luvas nos mercados internacionais. Esta situación estase convertendo nun reto engadido á hora de combater o coronavirus e poder desenvolver actividades esenciais, produtivas ou comerciais en condicións de seguridade.

Ante esta situación excepcional, nun exercizo de responsabilidade e ante o desabatecemento destes produtos a nivel mundial, esta liña ten como obxectivo financiar as necesidades de adaptación e transformación que empresas galegas adicadas a otras actividades, pero con capacidade de producción destes EPIs, poidan ter para reorientar a súa producción.

A esta liña hai que engadir a que a Xunta xa ten activada desde a Axencia Galega de Innovación (Gain). Trátase dunha chamada a todos os axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou proxecto que poida contribuír á loita contra o coronavirus. Búscanse solucións innovadoras que se poida desenvolver de xeito inmediato.

Todas as persoas interesadas nesta liña de financiamento deberán acceder á plataforma Marketplace COVID-19 GALICIA.

 

Liña financiamento
Categoría: