ALICE Biometrics pecha unha rolda de investimento por 1,5 millóns liderada por Alma Mundi Ventures para expandir a súa rede comercial

venres, 6 Novembro, 2020 - 19:45
  • ALICE, primeira  spin- off de Gradiant, consegue o apoio de Alma  Mundi  Ventures, a Xunta de Galicia a través de  XesGalicia, e Vigo Activo para continuar a súa expansión internacional

ALICE  Biometrics, primeira  spin- off de Gradiant, obtivo o apoio do fondo internacional Alma  Mundi  Ventures, a Xunta de Galicia a través de  XesGalicia, e Vigo Activo para continuar o desenvolvemento e expansión internacional do seu sistema automático de verificación de identidade online.

Desenvolvida no seo de Gradiant, a tecnoloxía que comercializa a  spin- off galega comproba a identidade dunha persoa en tempo real, contrastando a súa imaxe coa fotografía do seu DNI ou pasaporte desde o seu teléfono móbil ou ordenador, e verificando que non se trata dunha suplantación de identidade mediante a tecnoloxía máis punteira de proba de vida pasiva. Ademais, ALICE verifica que o documento presentado non foi manipulado, permitindo a verificación necesaria en procesos  online e asegurando que a documentación é  verídica e correspóndese coa persoa que fai a xestión. A súa aplicación é perfecta para contornas de transaccións online como banca, telecomunicacións, gambling, etc. xa que se minimiza a fraude de identidade e optimízanse os procesos de  onboarding dixital.

Tras máis de dez anos de desenvolvemento e comercialización por parte de Gradiant, esta tecnoloxía contou en 2016 cun dos investimentos máis altos do programa  Ignicia da  Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, o que supuxo un gran impulso para a súa maduración tecnolóxica e a súa chegada ao mercado. Grazas a estes apoios, ALICE  Biometrics pódese converter en líder de verificación para este tipo de contornas.

O fondo internacional Alma Mundi Ventures (lead investor), xunto con XesGalicia e Vigo Activo, apoian desde este ano esta spin- off tecnolóxica nada e afincada en Galicia. A entrada dos novos investidores veu acompañada por financiamento achegado por ENISA, IGAPE –tamén dependente da Xunta de Galicia– e  CDTi.

Con todo iso, ALICE  Biometrics contará cunha inxección de 1,5 millóns de euros que farán que a tecnolóxica poida alcanzar aos seus clientes obxectivo nun mercado global contando cos mellores profesionais no ámbito técnico e de negocio.

Tecnoloxía ‘made in Galicia’ para o mercado internacional

ALICE  Biometrics amplía o seu accionariado ao ámbito internacional coa entrada de Alma  Mundi  Ventures, que conta con oficinas operativas en Londres, Nova York, Seattle, Barcelona ou Madrid. O fondo de investimento pon ao dispor da spin- off galega a súa rede de contactos situados en máis de 50 cidades do mundo. Alma  Mundi centra os seus investimentos en empresas tecnolóxicas que desenvolven solucións singulares e forma parte do capital de destacadas empresas estadounidenses e europeas.

Desde os seus inicios, ALICE  Biometrics traballou coas principais compañías do sector financeiro, así como con empresas do sector das telecomunicacións, seguros, apostas ou  gambling. ALICE utiliza  IA para proporcionar unha verificación de identidade altamente fiable e a mellor experiencia para o usuario en contornas  online, permitindo a incorporación automática de novos clientes, cumprindo coa lexislación  KYC /  AML e minimizando a fraude de identidade. 

Alice Biometrics
Categoría: