
Galicia Compite FICC

Funds menu GALICIA COMPITE
O Fondo Galicia Compite FICC oriéntase cara a proxectos empresariais promovidos por novos emprendedores, a sociedades de nova creación con posibilidades de desenvolvemento e mais aqueloutras que acometan actividades novidosas e/ou que apliquen as novas tecnoloxías.
Está especialmente dirixido a proxectos innovadores, que permitan mellorar a competitividade empresarial, ben sexa a través de avances na distribución, nas estruturas organizativas ou mediante a combinación de tecnoloxía e mercadotecnia.
Neste sentido, no ano 2021 púxose en marcha unha nova liña de financiamento denominada "Liña de Transformación" para facilitar o éxito de operacións corporativas, facilitar a sucesión empresarial ou fomentar os procesos de internacionalización.
O Fondo Galicia Compite FICC oriéntase a:
» Proxectos empresariais promovidos por novos emprendedores
» Sociedades de nova creación con posibilidades de desenvolvemento
» Sociedades que acometan actividades novidosas
» Sociedades que apliquen as novas tecnoloxías
» Proxectos innovadores, que permitan mellorar a competitividade empresarial
¿Quere presentar un proxecto?” “Presenta o teu proxecto”