venres, 3 Marzo, 2023 - 08:00
OPE 2022 - Cobertura de 4 postos de traballo
Na presente sección, inclúese toda a información relativa ao proceso selectivo para a cobertura con carácter indefinido de catro (4) prazas en Xesgalicia, polo sistema de acceso libre.
Prazas convocadas:
- XESG_01: Controller financeiro e de Control (1 praza)
- XESG_02: Analista de Investimentos e Seguimento de start-ups (1 praza)
- XESG_03: Analista de Investimentos e Seguimento de Carteira (1 praza)
- XESG_04: Técnico/a de Contabilidade, Fiscal y Administración (1 praza)
Principais datas a ter en conta:
- Data límite de presentación de instancias: 20 días naturais, a contar desde a data de publicación do anuncio no DOG. É dicir, 23 de marzo de 2023, ás 23h59.
- Convocatoria para a primeira proba: sábado, 17 de xuño de 2023, ás 9:00 horas. O lugar de celebración será nas instalacións da Escola Galega de Administración Púbica, Rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.
- Convocatoria para a segunda proba: sábado, 22 de xullo de 2023. O lugar de celebración será a Aula 7 (primeiro andar) nas instalacións da Escola Galega de Administración Púbica, Rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, co seguinte horario:
- Prazas XESG02 e XESG04: ás 9:00 horas.
- Praza XESG03: ás 11:00 horas.