- O encontro ten como obxectivo achegar aos autónomos, emprendedores e pequenas empresas os novos instrumentos de financiamento que se están poñendo en marcha tras os acordos de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Igape, as entidades financeiras galegas e as SGRs.
- Terá lugar o vindeiro 20 de xullo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
O vindeiro xoves 20 de xullo, a partir das 11:15 horas, no Auditorio da Biblioteca – Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, terá lugar a Xornada Técnica ICO- IGAPE: Instrumentos de financiamento para autónomos e pequenas empresas, que ten como obxectivo achegar aos autónomos, emprendedores e pequenas empresas os novos instrumentos de financiamento que se están a poñer en marcha ao abeiro dos acordos de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Igape, as entidades financeiras galegas e as SGRs.
A xornada será inaugurada pola Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús e o director xeral do IGAPE, Juan Cividanes Roger.
Os asistentes ao encontro poderán coñecer da man da subdirectora de Mediación e Pemes do ICO as liñas de financiamento deste organismo para empresas e emprendedores e descubrir casos de éxito de empresas e instrumentos de financiamento para autónomos e microempresas nunha mesa redonda moderada pola subdirectora de Programas de Financiamento , Beatriz Calderero.
A xornada, que incluirá tamén actividades coworking, será clausurada por Pablo Zalva, presidente do ICO e Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
Para máis información, pode descargar nesta páxina o programa da xornada e utilizar a seguinte ligazón para confirmar asistencia.