A Xunta facilita a mellora da competitividade e viabilidade da cooperativa vitivinícola San Roque de Beade ao dar apoio a unha operación financieira

martes, 6 Setembro, 2022 - 10:00
  • Así o confirmou o conselleiro do Medio Rural nunha visita a esta adega, inscrita no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro

conselleiro do Medio Rural, José González, visitou a Adega Cooperativa San Roque de Beade (Ourense), adscrita ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Onde confirmou a colaboración financeira prestada por parte da Xunta -a través da sociedade mercantil pública Xesgalicia- a esta entidade vitivinícola, para facilitar a súa viabilidade e mellorar a súa competitividade. 

O conselleiro puxo en valor esta colaboración público-privada e agradeceu especialmente aos cooperativistas o seu compromiso e o seu apoio a unha operación que vai garantir o futuro da actividade da cooperativa. 

Xesgalicia -adscrita á Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación- apoiará mediante un préstamo participativo a esta adega cooperativa. Parte deste préstamo utilizarase para pagar as uvas aportadas polos cooperativistas nas dúas últimas colleitas. 

O conselleiro do Medio Rural destacou a importancia desta operación financeira para impulsar a denominación de orixe Ribeiro en xeral e o futuro da cooperativa en particular, tendo en conta que esta adega ten unha capacidade instalada suficiente como para procesar arredor de dous millóns de litros de viño.

Sociedade San Roque de Beade

Na actualidade agrupa máis de 50 cooperativistas, aos que o titular de Medio Rural agradeceu o seu compromiso e esforzo a prol da mellora da competitividade deste proxecto, que estaba a atravesar por dificultades económicas e que, en virtude desta operación financeira, vai afrontar o seu futuro como unha iniciativa sólida.

Categoría: