Funcións
Neste apartado detállanse as principais funcións realizadas por Xesgalicia.
Xesgalicia é unha sociedade xestora de entidades de capital risco e entidades de inversión colectiva de tipo pechado, que ten como finalidade a xestión dos fondos destinados ao financiamento do desenvolvemento empresarial galego mediante a toma de participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas, así como mediante a concesión de préstamos, xeralmente de carácter participativo, a empresas participadas e non participadas.
En función da tipoloxía das empresas obxecto de inversión e dos seus proxectos inversores, establécense distintas liñas de actuación, que se canalizan a través dos respectivos fondos e entidades xestionados:
SODIGA GALICIA, S.C.R., S.A.: Esta sociedade de capital risco destínase ao apoio do tecido empresarial galego mediante a toma de participacións temporais no capital de empresas galegas, ou nas que os seus beneficios redunden directa ou indirectamente en Galicia, ou facilitando préstamos participativos ou ordinarios. Ademais, a sociedade poderá invertir noutras entidades de capital risco.
Dentro deste marco, Sodiga apoiará financeiramente a aquelas empresas que, tendo un alto potencial de crecemento, estén ou vaian estar xestionadas por empresarios de recoñecida solvencia profesional. Así mesmo, a política de inversións da Sociedade centrarase no mantemento dunha carteira diversificada de participacións, cunha rotación axeitada das inversións.
GALICIA COMPITE, FICC: Este fondo destínase ao apoio do tecido empresarial galego mediante a toma de participacións temporais no capital de empresas galegas, ou nas que os seus beneficios redunden directa o indirectamente en Galicia, ou ben facilitando préstamos participativos ou ordinarios. Ademais, o fondo poderá investir noutras entidades de capital risco.
Neste sentido, no referente ás súas inversións, o fondo oriéntase a proxectos empresariais para a promoción, desenvolvemento e consolidación da economía e industria de Galicia, e/ou aqueles proxectos que acometan actividades novidosas e/ou apliquen novas tecnoloxías.
Dende 2021, as súas principais liñas de actuación son:
- A posta en marcha dun Fondo de inversión público-privado
- O financiamento de operacións ao abeiro dos novos fondos “Next Generation EU” procedentes da Unión Europea.
GALICIA INNOVA TECH FICC: Este fondo destínase ao financiamento de inversións en proxectos de marcado carácter innovador, con especial atención a proxectos que resulten da potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do sistema galego de I+D+i.
GALICIA INICIATIVAS EMPRENDEDORAS, FICC: Este fondo oriéntase a proxectos empresariais de semente-arranque, cos seguintes obxectivos:
- Creación e desenvolvemento dunha rede galega de inversores particulares.