Kibo Ventures reforza a súa presenza en Galicia co Fondo III

luns, 9 Novembro, 2020 - 11:15
  • A xestora de venture capital Kibo Ventures terá un especial foco en Galicia co seu novo fondo, que ten un tamaño obxectivo de €100M
  • Incorpora a Diego Mariño como Venture Partner para liderar as iniciativas de Kibo Ventures en Galicia, onde colaborará co Goberno autonómico

 

Kibo Ventures, fundado en 2012, acumulará uns activos baixo xestión de máis de €220 M unha vez complete o peche do seu Fondo III, que ten un tamaño obxectivo de €100M. Kibo Ventures investirá en aproximadamente 20 compañías con achegas iniciais de €1M a €3M, podendo chegar ata €10M por compañía. Con este terceiro fondo, Kibo Ventures investirá polo menos €3M en startups que teñan a súa base en terras galegas.  

A comunidade galega conta con todos os ingredientes para desenvolver con éxito empresas de tecnoloxía que poidan converterse en buques insignia para a rexión. A Xunta de Galicia, a través de XesGalicia, confiou en Kibo Ventures para xestionar parte dos seus compromisos de investimento en startups galegas, contribuíndo coa súa experiencia para identificar compañías de base tecnolóxica e axudarlles no seu proceso de internacionalización.

Para ter unha presenza activa, máis aló do investimento, no ecosistema galego, Kibo Ventures incorpora ao seu equipo a Diego Mariño, emprendedor de éxito e investidor, recentemente afincado en Oleiros, A Coruña.  Kibo Ventures investiu en 2012 en Ducksboard, a empresa fundada por Diego e que posteriormente foi adquirida por multinacional New Relic e na que desde as súas oficinas en USA estivo a traballar como Principal Product Manager para clientes do Fortune 500. Diego investiu en máis de 10 compañías de base tecnolóxica, varias delas creadas en Galicia e é gran coñecedor do ecosistema emprendedor na rexión.

“Estamos comprometidos co ecosistema emprendedor en Galicia. Existe un gran talento con empresas punteiras como Nanogap, Situm, Appentra ou Xesol entre outras. O noso obxectivo é financiar as empresas que poidan converterse en grandes referentes tecnolóxicos na rexión. A incorporación de Diego Mariño ao equipo vai ser fundamental para descubrir aos mellores emprendedores estando moi preto de eles”, comenta Aquilino Peña,  co-fundador e Managing Partner de Kibo Ventures.

“É moi relevante para o desenvolvemento de startups en Galicia o que fondos como Kibo Ventures fagan unha aposta decidida pola rexión. Necesítase atraer capital máis aló da capital semente e sobre todo achegar a experiencia de fondos como Kibo en escalar compañías e levarlles a levantar roldas series B con investidores internacionais”, engade Diego Mariño, Venture Partner de Kibo Ventures. 

Desde XesGalicia apostan polo desenvolvemento das startups na comunidade galega e por iso decidiron investir en Kibo Ventures, de maneira que colaboren coa súa experiencia para identificar ás startups con capacidade de converterse en grandes empresas tecnolóxicas en Galicia. 

Kibo Ventures

Kibo Ventures, fundado en 2012, acumulará uns activos baixo xestión de máis de €220M unha vez complete o peche do seu Fondo III, que ten un tamaño obxectivo de €100M. Kibo Ventures inviste en roldas  pre-series A e series A con tickets iniciais de €1M a €3M, podendo chegar ata €10M por compañía. Os investimentos céntranse en compañías cun alto compoñente tecnolóxico e principalmente nos sectores de  big data/intelixencia artificial, mobilidade/ loxística,  fintech, sanidade e educación dixital.  Kibo Ventures investiu nun total de 53 compañías. Entre as empresas do  portfolio destacan compañías como FlywireJobandTalent, Carto, Devo, Defined Crowd, Paack ou Tier.

XesGalicia é o brazo investidor de private equity e venture capital da Xunta de Galicia, un investidor que proporciona préstamos participativos e apoio no capital a compañías Galegas. Cun capital baixo xestión próximo aos 200 millóns de euros, inviste a través de catro vehículos de capital risco, dos cales, dous están especializados en investir en start up e compañías cun alto compoñente científico-tecnolóxico, desde fase semente ata Series A. 

Kibo Ventures