Comunicado - COVID-19

Dentro do conxunto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social provocado polo COVID-19 e a declaración do estado de alarma, e mantendo o compromiso de apoio financeiro ofrecido por Xesgalicia, puxemos en marcha unha serie de iniciativas de apoio:

  1. Aprobación dunha condonación no pago de intereses e unha moratoria no pago do principal nas cotas liquidables o 31 de marzo de 2020, baixo determinadas condicións e destinado a aquelas empresas financiadas impactadas polo actual contexto. Ler nova
  2. Ampliación da medida anterior, estendéndoa á cota liquidable o 30 de xuño de 2020, de modo que as empresas que cumpran as condicións estipuladas póidanse beneficiar da condonación no pago de intereses e da moratoria no pago do principal durante todo o primeiro semestre do ano Ler nova
  3. Nova liña de investimento, dotada con 10 millóns de euros, para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual ( EPIs) e materiais para  respiradores. Ler nova 

Este conxunto de iniciativas súmanse ás postas en marcha pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dirixidas ao noso tecido empresarial e que podes atopar na seguinte dirección: https://ceei.xunta.gal/coronavirus

 

Adiante 2000 FCR

 
Para empresas constituídas e viables, que precisen apoio para salvar ou evitar unha dificultade temporal.

Galicia Compite FICC

 
Para proxectos empresariais innovadores, iniciativas emprendedoras ou relacionadas coa tecnoloxía.

Galicia Iniciativas Emprendedoras, FICC (GIE, FICC)

 
Galicia  Iniciativas  Emprendedoras, FICC
Para o fomento do espírito emprendedor.

Galicia Innova Tech, FICC

 
Para proxectos empresariais de marcado carácter innovador e cunha probada capacidade de xestión. 

Últimas novas

Noticia Xesgalicia
06/04/2020 - 10:30

A nova medida creada por Xesgalicia ten como obxectivo incrementar o apoio ás empresas financiadas á vista da magnitude das consecuencias negativas que a loita contra o COVID-19 está a ocasionar

Presentación Business Factory Food
18/10/2019 - 15:15
  • O director de Xesgalicia, Fernando Guldrís, asistiu hoxe en Santiago á presentación da nova convocatoria da Business Factory Food, promovida pola Xunta e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga...